Skip to main content
ActualidadeViveiro

Actividades en Viveiro polas Letras Galegas 2019

Por 15 Maio, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro deseñou unha programación mensual para celebrar o Día das Letras Galegas, con actividades dirixidas a todos aos públicos e, en especial, ao público infantil, entendendo que é fundamental fomentar a cultura entre os máis pequenos.
A primeira das actividades previstas tivo lugar o pasado 9 de maio no Teatro Pastor Díaz, ao que acudiron escolares de 5º e 6º de todos os centros educativos de Viveiro para festexar con Xoán Curiel “canta, miña pedra, canta” a figura de Antón Fraguas. Esta actividade foi coorganizada polas concellarías de cultura e educación e patrocinada pola Deputación de Lugo e Galaxia.
O vindeiro venres, Día das Letras Galegas, ás 12:00 horas, na Praza Maior, terá lugar unha actuación do grupo de danzas e do grupo de gaitas de Bágoas da Terra e ás 13:00 horas, na Praza da Fontenova, o actividade Música e Letras, cun concerto da coral Alborada de Viveiro e a participación da libraría Porta da Vila.
O venres 24 de maio, na sala multiusos da casa do concello, de 17:30 a 19:30, celebrarase un obradoiro artístico para nenos e nenas a partir de 5 anos. Esta actividade é gratuíta, sendo preciso reservar praza co teléfono 654208333.
O venres 31 de maio colocarase na Biblioteca Municipal un vinilo conmemorativo desta celebración e ao día seguinte, 1 de xuño, terá a última das actividades programadas con motivo desta data, tamén na biblioteca municipal; será ás 12:00 horas, da man de Raquel Queizás, cunha sesión de contos titulada Raposadas, con Antón Fraguas. A entrada será de balde ata completar aforo e as entradas (2 por adulto) comezarán a entregarse na biblioteca dous días antes.