Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Unha nova politica cultural, turistica e unha mellor xestión dos servizos públicos é o que reclama o candidato de CxG Ribadeo

Por 21 Maio, 2019Sin comentarios

O candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Ribadeo, Jesús Pérez Moreda, reclama unha nova política cultural e turística para este concello así como unha mellor xestión dos servizos públicos. Pérez Moreda considera que “Suárez pretende vivir dos réditos do pasado e nunha realidade paralela e por iso presenta un programa electoral pobre en propostas e que non pon solución aos problemas actuais da veciñanza e ás desfeitas do seu goberno”.
Para o candidato de CxG “non hai moito onde profundar nas propostas do señor Suarez. Acórdase das Catedrais nas eleccións, do polígono e da industria, máis do mesmo ¿deuse conta agora do prezo das parcelas despois de anos gobernando? en turismo e comercio, literalmente nada novo ¿Pensa o señor Suárez que non hai que levar adiante novas políticas para o comercio que está a pasar un dos peores momentos? ¿pensa que a política turística achégase tan sequera a ser adecuada? Co Ribadeo Indiano non se vive todo o ano ¿De verdade creen que coa actual política cultural de Ribadeo é referente de algo? Poucas axendas culturais ven da nosa contorna. Das obras que promete saberemos dentro de catro anos, seguindo así a súa liña de pretender enganar os veciños e veciñas da vila facendo todas obras nos últimos tres meses de lexislatura. Sen ambición, falando do pasado e sen novas propostas”.
E engade:“vendo este programa e a espantada da práctica totalidade dos concelleiros do grupo de goberno, que non figuran na actual lista ou que están en postos, tal e como din eles, para non saír; parece que o señor Suárez presentase algo canso e sen iniciativas que desenrolar. Eu pregúntome ¿por qué non repiten os seus concelleiros?”.
Como contrapunto Jesús Pérez lembra algunhas das medidas do seu programa electoral para Ribadeo “a recuperación do GRUMIR ou GES, a través da negociación coa Xunta,  ao igual que fan outros Concellos, que axudaría a intervir mais rápido nas emerxencias e crearía novos postos de traballo. Tras a reforma realizada pola Xunta ninguén se preocupou en Ribadeo de facer dita petición, avogamos por ter un grupo de intervención rápida para emerxencias xa que en moitas ocasións o persoal do parque de bombeiros da comarca pode estar nunha emerxencia ou poida non actuar coma son os conatos de incendios forestais”.
Para o alcaldable de CxG “a mellora do alumeado publico é moi necesario en vías que practicamente andas as escuras ou nas que non hai luz. Traballar no fomento do emprego xuvenil a través da formación, na creación dun programa integral que aglutine e unifique os servizos ás persoas maiores co fin de mellorar a xestión e dotala de mais presuposto e medios, a través sen ir mais lonxe da redución dos soldos públicos ou dos ingresos que proveñan dun aparcamento municipal de pago na praia das Catedrais, tal e como apostamos a través da execución dun plan especial para esta”.
Jesús Pérez Moreda tamén aposta por “promover una política cultural verdadeiramente atractiva para veciños y visitantes, optando por artistas de talla nacional e internacional como fan nos Concellos do noso arredor, pero sen esquecer a nosa propia cultura galega, ao marxe de aspectos ideolóxicos ou lingüísticos. O dragado da praia dos Bloques e o seu recheo con area e a mellora de servizos e do saneamento en todas as praias do concello nas que os ribadenses disfrutan do verán. Apostamos pola sinalización trilingüe como poboación turística que somos, e a creación dun museo ribadense. Promoveremos a construción ou adaptación dalgunha instalación xa existente para a celebración de congresos, feiras e todas aquelas actividades que nos axuden a desestacionalizar o turismo. Traballaremos cóbado con cóbado co tecido asociativo e de clubs da nosa vila, xa que son parte fundamental da axenda de actividades que se realizan en Ribadeo, na educación dos nenos e nenas, e do entretemento dos nosos maiores, por iso crearemos unha oficina municipal dedicada á xestión diaria, que apoie e coordine os clubs e asociacións, e propoñeremos a participación da cidadanía na política local, levando a pleno as iniciativas asociativas avaladas por o 50% dos socios”.