Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAAMARIÑAXA

UPA afirma que os baixos prezo e o cambio climático afectan á apicultura

Por 21 Maio, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

No Día Mundial das Abellas, a Unión de Pequenos Agricultores e Gandeiros destacou a importancia da polinización que realizan as abellas, un “proceso fundamental” para a supervivencia dos ecosistemas e do que depende entre o 70 e o 80% da flora e da fauna.
UPA alertou dos efectos do cambio climático sobre estes polinizadores, rexistrando a actividade apícola unha alta mortalidade de colmeas debido ás condicións de temperatura e humidade (choivas irregulares, ausentes ou en exceso). “As consecuencias do cambio climático tradúcense xa nunha diminución considerable de pole e mel”, explicou o responsable apícola de UPA, Antonio Prieto.
A apicultura é gandería sustentable
Desde UPA puxeron de relevo que a apicultura constitúe un dos mellores modelos de produción gandeira sustentable, xa que é unha actividade respectuosa co medio ambiente ao mesmo tempo que facilita a polinización das plantas. Esta práctica está moi condicionada pola climatoloxía e ligada ademais á transhumancia, onde as abellas necesitan dos recursos naturais a través do pole para satisfacer as súas necesidades.
O mel nacional, a prezos de miseria polas importacións
Os apicultores volveron denunciar as importacións a baixo prezo que asolagan o mercado nacional e bloquean a venda de mel español. “Os nosos apicultores apostan por producir mel de calidade, pero as entradas masivas doutros países teñen paralizado o noso produto en almacéns de toda España”, lamentou Prieto.
UPA esixiu políticas públicas de apoio á apicultura como o mellor medio para protexer ás abellas. “O valor social do noso traballo é enorme, e debe ser recoñecido”, concluíron.