Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Remedios González presenta o programa popular para Rábade

Por 19 Maio, 2019Sin comentarios

Remedios González presentou aos veciños o seu programa e a candidatura coa que agarda gobernar en Rábade.

Un total de 11 compoñentes conforman o equipo que encabeza a popular, que repite como cabeza de lista. Destes renova tres, é dicir o 27,3%. En canto ao programa, a candidata explicará as principais liñas programáticas, e que están dirixidas a impulsar o municipio dende o punto de vista económico, mellorar os servizos sociais e as infraestruturas, dotar de servizos básicos aos cidadáns e xestionar de xeito “transparente e con rigor; todo o contrario do que se está a facer nestes momentos”, sinala.

González, se acada a confianza dos veciños nas urnas o días 26, impulsará a construción dun acceso directo ao polígono, prolongando a Avenida de Galicia, ao tempo que levará a cabo os contactos e trámites necesarios para que Rábade sexa Concello Emprendedor, e así obteña axudas que impulsen o emprego, o emprendemento e o comercio local.

Os populares tamén mellorarán os servizos de atención á dependencia, incluíndo a construción dun centro de día con persoal cualificado, e a creación dunha oficina do voluntariado.

Asemade, “e dado que o servizo de auga é moi deficiente”, pretenden renovar a canalización e o saneamento; poñer en marcha un plan de limpeza e de renovación do mobiliario urbano e modernización do alumeado público. Arranxarán o problema da pasarela “dunha vez por todas”, as beirrarúas e promoverán a rehabilitación de vivendas, con bonificacións e axudas.

Tamén apostarán por dotar ao municipio dunha gran zona deportiva e de ocio, así como dunhas instalacións axeitadas para a Escola de Música. Crearán unha área fluvial recreativa, unha Biblioteca Municipal –“que desapareceu co actual goberno”- e intensificarán a colaboración con todos os clubes e asociacións deportivas. No programa tamén inclúen a recuperación do entorno do Campo da Feira, promovendo unhas festas de calidade.

Candidatura completa
María Remedios González Cabarcos
María Pilar Dapena González
Manuel Martínez Fernández
Patricia Novo Penas
José Manuel Candal Veiga
Víctor José Novas Pereira
María José Parga Regueiro
José Luis Novo Teijeiro
Juan Martínez Blanco

Suplentes:

Carlos Ramón González Cabarcos
José Ángel Vila Blanco