Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Capela de San Isidro estará de festa o 11 e 12 de maio

A parroquia vilalbesa de San Simón celebrará o 11 e 12 de maio a súa festa na Capela de San Isidro. A festividade terá o seu inicio ás 13.30 coa misa solemne seguida de procesión e da sesión vermú, que estará ao cargo da orquestra Principal.

Como todos os hanos haberá unha ruta a cabalo e un xantar campestre para todos os que queiran asistir. O menú consistirá en xamón cocido, callos, churrasco, pan, bebidas, postre e café, todo por un prezo de 20 euros.

Os interesados en sumarse ao almorzo poden retirar os tickets antes do día 7 de maio en Casa da María, Casa do Riberia e Hermanos García.

Ao longo da tarde, entre as 18.30 e as 22.00 horas a música estará ao coargo do dúo Sesión.

Finalizará a xornada cunha verbena a cargo de Principal e Trébol.

O domingo trala misa e procesión, ás 13.30, a sesión vermú a cargo de Pedriñas porá punto e final á celebración.

A organización lembra que o campo estará cuberto cunha carpa.