Skip to main content
ActualidadeVilalba

V Campus Rácing Club Vilalbés de verán

Por 31 Maio, 2019Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés celebrará a quinta edición do seu campus, que terá lugar entre o 1 e o 6 de xullo. Este ano, o campus estará dirixido a nenos de 5 a 15 anos e será no Estadio Roca.

O horario de este campus será só de mañá, entre as 9:30 e as 14:30 horas, agás o xoves 4 que será todo día xa que haberá unha saída fora do Estadio.

Para os que o desexen participar, o prezo será de 100 euros para os nenos socios ou xogadores do club, e 120 para o resto de persoas.

O prazo de inscrición para anotarse a este campus xa está aberto. O primeiro prazo rematará o 9 de xuño e inclúe varias rifas para vender para o sorteo de dous carnets de socio do club para a tempada que ven e unha camiseta. O segundo prazo será do 10 ao 23 de xuño.

Hai que facer estas inscricións nas oficinas do clube en horario de 16:00 a 19:30 ou nos seguintes teléfonos: 671 165 950 – 661 049 270 nos que tamén podese informar de calquera dúbida.

Este campus está apadriñado por Roberto Trashorras.