Skip to main content
ActualidadeXermade

Xa hai gañadores do certame das Letras Galegas de Xermade

Por 19 Maio, 2019Sin comentarios

O xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019 fixo público xa o listado dos seus gañadores.

No apartado de debuxo, na categoría de ata 8 anos, gañou Martina Fernández Salgado, seguida de Andrea Prieto Novás e Diego Paz Pumares. Na categoría B, de 9 a 11 anos, o gañadora foi Uxía Paz García, á que acompañan Sara Lorenzo Blanco e Ainara Cancelo Cabaleiro. Finalmente, na categoría c, de 12 a 16 anos venceu Vania Pinto Portal, seguida da súa irmá Jenifer e de Candela Lorenzo Blanco.

No apartado de narración, só houbo categoría de 9 a 11 anos, na que gañou Daniela Paz Pumares, seguida de Sarai Paz Prieto e Aroa Blanco Prieto.

Formou parte do xurado o alcalde do Concello de Xermade, Roberto García; a directora do Ceip Plurilingüe de Xermade, Alejandra Domínguez; a educadora familiar do Concello de Xermade, Lucía Guizán, e a bibliotecaria, María González.

Este ano presentáronse 37 traballos sobre o tema: A revolución do cambio climático. Do total de traballos presentados o xurado seleccionou 9 debuxos e 3 narracións, que participarán na fase provincial do Certame na Biblioteca Nodal de Lugo.