Skip to main content
ActualidadeRibadeo

O restaurante Marinero de Ribadeo prepara unha cata de cervexa

Por 5 Xuño, 2019Sin comentarios

O restaurante Marinero, situado no porto de Ribadeo, continúa coa programación preparada para este ano con motivo da celebración do seu corenta aniversario.
O vindeiro venres, 7 de xuño, organiza unha cata comentada de cervexa a partir das 21:00 horas.
O prezo para participar é de 10 euros por persoa e o número de prazas é limitado. Pode realizarse a reserva no número de teléfono 661 217 460 ou no propio establecemento.
Desde a xerencia do restaurante Marinero, Roberto Rivas, anuncia que “no transcurso da cata, haberá sorpresas e agasallos para todos os participantes”.