Skip to main content
Actualidade

O Concello das Pontes adianta que se fará unha residencia no Hospitalillo de Endesa

Por 1 Xuño, 2019Sin comentarios

O goberno local das Pontes desvelou, en sesión plenaria, novos detalles sobre o proxecto de creación dunha residencia de maiores nas instalacións do antigo Hospitalillo de Endesa, no poboado das Veigas.

Respondendo a unha pregunta formulada polo grupo de Xuntos polas Pontes, o edil de Facenda, Antonio Alonso, explicou que a obra levarase a cabo “a través dun contrato de alugueiro con opción a compra”. O inmoble e a parcela anexa sitúanse en chan propiedade de Endesa, en pleno proceso de modificación urbanística, do mesmo xeito que o resto da área residencial.

Alonso sinalou que “a última reunión en relación a este asunto mantivémola a semana pasada e dinnos que a firma será inminente”. O seguinte paso executarao a propiedade, coa presentación do proxecto de urbanización da zona. Para “atallar os prazos previstos”, o goberno local optou, segundo subliñou o edil, por articular ou alugueiro con opción a compra, en principio por 20 anos.

O prezo das dúas parcelas está estimado en 314.205 euros. O Concello pagará unha renda mensual de 1.571 euros. Se se cumpren as previsións, o contrato, adiantou Alonso, asinarase « nunhas semanas».

No transcurso do que foi o último pleno do mandato, o executivo local deu conta da liquidación do orzamento municipal do ano 2018.