Skip to main content
ActualidadeXove

Ata o 10 de xuño están abertas as inscricións para realizar a Romaría ao San Antonio da Rigueira

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

Ata o 10 de xuño están abertas as inscricións para realizar a pé, a cabalo ou en bicicleta, a Romaría ao San Antonio da Rigueira que será o 13 de xuño.

Todas aquelas persoas que desexen participar nesta festa peregrinando ata a Igrexa da Rigueira, onde recibirán a Ventura, insignia de ter completado o camiño, e a azucena, flor de San Antonio. As inscricións poden facerse no número de teléfono 982 592 001 ou no correo electrónico lucia@xove.es

Haberá oito rutas habilitadas ao longo de todo o concello, aínda que a maioría dos romeiros escollen saír xuntos de Xove e ir ata o San Antonio pola Ruta dos Muíños.

Unha vez completada a ruta escollida, e debidamente selados os carnés, terá lugar a recepción dos romeiros na carpa do Concello, e a entrega da Ventura 2019 e da flor de San Antonio.