Skip to main content
ActualidadeXove

Entregados os premios do concurso das Letras Galegas 2019 de Xove

Por 11 Xuño, 2019Sin comentarios

A semana pasada fixose entrega dos premios do concurso das Letras Galegas 2019 organizado pola Biblioteca Municipal de Xove. Ditos agasallos consistiron nun lote de material didáctico e un Diploma Acreditativo.
Dentro da convocatoria realizáronse dous Concursos, un Literario e outro de Artes Plásticas, destinados ambos a nenos e rapaces do Concello, dende infantil de 3 anos a 4º de ESO.
No concurso de artes plásticas na categoría de 4º Educación Infantil gañou Leila Alcalde Dernández. Na de 5º Educación Infantil os gañadores foron Emma Míguez Varela, Eva Cancela Trastoy e Hugo Pita Rodríguez.
En 1º Educación Primaria e no concurso literario Blanca Casariego Mariño gañou o primeiro premio, e en artes plásticas foron Blanca Casariego Mariño e Andrés Alcalde Fernández
En 2º Educación Primaria e no concurso literario foron Oliva Rega Quelle, Paula Sánchez Pernas e Sara Cancela Trastoy. E en artes plásticas as agasalladas foron Sara Cancela Trastoy e Aroa Pita Rodríguez.
En 3º Educación Primaria literario tan só houbo unha premiada, que foi Carlota Eijo Rodríguez, que ademais gañou en artes plásticas.
En 4º Educación Primaria literario os premiados foron Christian Villarquide Latas, Berta Barro Álvarez e Carla Casabella Puñal. E pola parte de artes plásticas foron Carla Casabella Puñal, Andrea Eijo Rodríguez e Uxía Gradaille Durán.
En 6º Educación Primaria literario os premiados foron Cora Buján Rouco, Enma Buján Rouco e Carla Mariño Otero. En artes plásticas Enma Buján Rouco quedou primeira, Cora Buján Rouco segunda e Carla Mariño Otero. terceira.
En 1º ESO e na categoría de literareo gañou Emilia Barro Álvarez, en 2º ESO Artes Plásticas foi Iker Costa González, e en 3º ESO literario a agasallada foi Tatiana Fraga Fernández.