Skip to main content
ActualidadeBarreirosDeportes AMARIÑAXA

O sábado 15 de xuño o Praias de Barreiros C.D. organiza unha cea baile

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

O sábado 15 de xuño o Praias de Barreiros C.D. organiza unha cea baile no pavillón municipal de Barreiros ás 22:00 horas.
O prezo desta cea é de 25 euros adultos e 10 para os nenos, e para os adultos o menú será de entremeses, paella, solombo,  brazo de xitano, viño, sobremesa, café e chupito. Para os máis pequenos serán entremeses, milanesa de polo, xeado, auga e refrescos.
Esta festa estará amenizada polo dúo Samba.
Os tickets poden conseguirse no Restaurante A Ribeira, no Cafe Cafe II, con calquera membro da directiva ou no pavillón Municipal pedindolla a Borja e Sergio.