Skip to main content
ActualidadeO Valadouro

O 6 de xullo será a IV Foliada do Valadouro

Por 17 Xuño, 2019Sin comentarios

O sábado 6 de xullo ás 20:00 horas na explanada do parque Concepción Arenal de Ferreira do Valadouro será a IV Foliada e a partir das 00:00 será a quenda da foliada Libre.
Estarán as Grileiras de Ledicia SCR de Burela, a A. X. Entre Lusco e Fusco de Vilalba, e como non os nosos alumnos da A.C. Amado Lar O Valadouro.
A partir das 18:00 horas haberá un obradoiro de construción de monicreques e espectáculo de marionetas Antolín o Bailarín e Raio the Loubicán, unha actividade incluída dentro do Programa Promoción da Artesanía da Deputación de Lugo.