Skip to main content
Actualidade

Celebrouse o fin de curso da Tradescola e a entrega dos agasallos do Certame de debuxo

Por 5 Xuño, 2019Sin comentarios

Celebrouse no centro cultural do Vello Cárcere o concerto de fin de curso dos nenos e rapaces da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Con este acto, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo inicia a recta final do curso no que participaron preto de 300 alumnos en aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ademais das aulas específicas para os máis pequenos.

Neste acto de fin de curso farase entrega dos premios aos 25 finalistas do VII certame de debuxo para escolares realizado pola Tradescola e a Deputación de Lugo e anunciarase o gañador. A Asociación de Gaiteiros Galegos obtivo un balance moi positivo do que foi o décimo curso de vida da Tradescola, un ano no que ademais das aulas impartidas, organizáronse distintas actividades de promoción e difusión da cultura tradicional tanto na cidade de Lugo como en distintas comarcas da provincia.

No último semestre, a Tradescola levou a cabo numerosas actividades como o concerto- obradoiro de Nadal, o concerto Sons de Marzo e Sons de Maio, a representación dun Folión de Entroido, a celebración dos Maios, concertos didácticos para escolares de Baralla, Becerreá, Antas e Ulla, Portomarín, Vilalba, Guitiriz, o obradoiro de programas informáticos para a música tradicional (este venres vindeiro), o obradoiro de Pandeireta, o obradoiro de Pandeiro, o obradoiro de Trompa, as I xornadas de Acordeón e cabe destacar a organización do VII certame de debuxo para escolares de toda a provincia sobre Os instrumentos da música tradicional galega, no que participaron preto de 1000 escolares

Neste certame, que acadou unha moi boa participación, entregaron os seus debuxos sobre os instrumentos de música tradicional preto de 1000 nenas e nenos dos distintos centros escolares da provincia de Lugo.
A todos os participantes queremos darlles os parabéns polos fantásticos debuxos que nos achegaron, e en especial aos 25 finalistas que recibirán como agasallo un lote de material didáctico de música tradicional e un agasallo para o centro escolar onde estudan.

Os finalistas desta edición do certame foron Aldara García González do CEIP Muimenta; Alejandro Ferro Martínez do CEIP Albeiros do Lugo; Alonso Calaza Neira do CEIP Rosalía de Castro do Pol; Andrea Piélago González do CEIP Becerreá; Andrea Pinilla García do Ceip San Xoan de Becerreá; Aroa Illán Lamas do Ceip Luis Pimentel de Lugo
Carla Alonso Varela do Ceip A Ponte de Lugo; Carla Rodríguez García do Ceip Illa Verde de Lugo; Carolina Otero Carballo do Ceip Eloisa Ribadulla de Chantada; Cesar Linares López do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela;
Daniel Vázquez Arrojo do Ceip Illa Verde deLugo; David López Bello do CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba;
Gabriel Castedo Nogueira do CEIP As Mercedes de Lugo; Hiba Boumazlag Mamat do Ceip Quiroga Ballesteros de Lugo;
Irene López Lago do CPI Uxío Novoneira do Caurel; Iván Díaz González do CEIP San Xoan de Becerreá;
Lara Alarcón García do CEIP Anexa de Lugo; Lois Guerreiro Cruzado do CEIP Anexa de Lugo;
Mateu López e Valeiras Seoane da Escola Waldorf Meniñeiros de Lugo; Matilda Pérez Abelleira do CEIP Menendez Pelayo de Lugo; Nicolás Polo Eiroa do CEIP O Vicedo; Noa Veiga Núñez do CEIP Sagrado Corazón de Lugo;
Xiana Polín Castro do CEIP Sagrado Corazón de Lugo; Xoel Martínez Prado do CEIP A Ponte de Lugo;
Zayoha Campo Correa do CEIP Rosalía de Castro de Pol.