Skip to main content
ActualidadeMeira

O Recuncho volveu a gañar o concurso de tapas de Meira

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

Procedeuse á apertura das urnas do 8° Concurso de Tapas de Meira e ao reconto de votos. Os resultados obtidos foron moi satisfactorios para os hostaleiros e o gañador deste ano volveu ser O Recuncho coa súa tapa Recuncho con 132 votos, seguido de O Pozo con Pozo e Arguiñano con Arguiñano e flor.

Os establecementos quedaron moi contentos cos resultados acadados e coa cantidade de xente que participou nesta edición do certame de tapas.

As persoas que quixeron degustar estas deliciosas tapas, puideron votar a súa calidade para ter a posibilidade de gañar os premios valorados en 300 euros, 200 euros e 100 euros. Os gañadores foron M.E.E. da Pol, A.B.B. de Pol e S.G.N. tamén de Castro de Rei. 

A entrega de premios e diplomas fíxose na Casa do Concello, con todos os participantes e os gañadores do público.