Skip to main content
Actualidade

As escolas deportivas municipais celebrarán as galas de fin de curso

Por 7 Xuño, 2019Sin comentarios

As escolas deportivas municipais celebrarán, durante as vindeiras semanas, as súas galas e festivais de fin de curso, coas que pecharán nove meses de intenso traballo adicado ó deporte e a vida saudable e amosarán ó público asistente os seus avances.

O domingo día 9 haberá un circuito de tenis entre escolas nas pistas da Canle IV, do luns 10 ao sábado 15 será a quenda das escolas de natación.

O día 11 tocará a escola municipal de psicomotricidade na piscina municipal. O día 12 a de baloncesto. E por último o día 13 serán o rsto de escolas, a de xadrez, a de karate, a de taekwondo e a de ximnasia rítmica.