Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Pol organiza en Lea un obradoiro sobre herbas

Por 13 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Pol celebrará o sábado 22 de xuño, entre as 17.00 e as 20.00 horas un obradoiro que leva por título, Xuño, herbas do solsicio.

Este taller desenvolverase na Casa da Xustiza de Lea a cargo de Chintofanería co obxectivo de chegar a un recoñecemento e recoleción de plantas de tempada, elaboración de auga de flores, xogos da natureza, etc.

Os interesados en participar deberán inscribirse no 678 864 818. Ten un prezo de 12 euros por familia.