Skip to main content
ActualidadeViveiro

O BNG de Viveiro inicia unha serie de encontros que terán lugar polas distintas parroquias do concello

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios

O BNG de Viveiro inicia unha serie de encontros que terán lugar polas distintas parroquias do concello.
Así inicia o BNG de Viveiro a súa volta á corporación, programando xuntanzas periódicas abertas entre as 13 parroquias do Concello. Xuntanzas que teñen como obxecto presentar a súa portavoz municipal, explicar as liñas de traballo e folla de ruta que vai seguir o BNG na corporación municipal dos vindeiros 4 anos, así como tamén escoitar e recoller as demandas e propostas que as veciñas e veciños queiran trasladarlle á organización nacionalista.
O primeiro destes encontros realizarase no Salón Multiusos do Concello de Viveiro o próximo venres, 21 de xuño ás 19:30h.