Skip to main content
ActualidadeBarreiros

O VIII Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros será mañá

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios


Este sábado celébrase o VIII Festival Histórico Augas Santas de Santo Estevo do Ermo de Barreiros, coa festa gastronómica do Ano ó Espeto.
A festa comezará ás 10:30 horas cun mercado de artesanía, seguido por unha escenificación do Rei Silo e ás 12:00 horas será a misa solemne en honra a Santo Estevo.
Media hora despois, será a quenda da actuación de O Arco da Vella, e o xantar no que haberá porquiños e años ao espeto, por 25 euros por persoa, e que inclúe bebida, queimada e uns agasallos de recordo.
Xa pola tarde, ás 16:00 horas comezará a música de Sons do Ermo; ás 18:00 actuará o grupo de gaitas Nubeiro, e ás 19:00 horas serán as vodas celtas. Por último, actuará DJ Marco e ás 22:00 horas servirase queimada.