Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Pedro e Santa Isabel o 28, 29 e 30 de xuño

Por 24 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Riotorto celebrará as súas festas na honra a San Pedro e Santa Isabel o 28, 29 e 30 de xuño, coa misa e grandes actuacións por parte de diferentes grupos musicais que animarán a todos os asistentes ao baile.

O 28 celebrarase unha churrascada a partir das 22:00 horas e a continuación será a verbena coa orquestra Superfama.

O 29 haberá a misa ás 13:45 horas, seguida da sesión vermú co grupo D’Moda e a partir das 19:00 horas tocará a animación infantil na que haberá tamén inchables e karaoke. Xa pola noite os grupos D’Moda e PK2 animarán a festa.

O último día de festa, o 30, a misa será ás 12:30 horas.