Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

O Memorial Heroes do Orzán terá un fair play moi especial

Por 26 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

En 2019, o Memorial terá un recoñecemento individual moi especial destinado ao xogo limpo máis destacado. Estrearase este galardón grazas á xenerosidade da familia doutra das vítimas da traxedia de O Orzán en 2012, Tomas Velicky, o estudante eslovaco ao que intentaron rescatar os policías Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez.
O xogador máis destacado en fair play de todo o torneo recibirá unha camiseta da Selección Eslovaca de Fútbol, co dorsal de Stanislav Lobotka, xogador do Celta de Vigo.
A tristeza, a dor e o infortunio uniron o camiño destas catro familias. Peter Velicky, o pai de Tomas, viaxou desde Bratislava á Coruña coincidindo co fatídico accidente e alí puido coñecer á familia de Rodrigo.
Desde a Fundación Imdecum agraden a Peter todo o compromiso e interese que demostrou polo Heroes do Orzán desde os seus inicios.