Skip to main content
ActualidadeRibadeo

A Mirandilla de Rinlo, levou o premio á mellor tapa no Ribadeo de Tapeo 2019

Por 5 Xuño, 2019Sin comentarios

O taco de costela de porco do restaurante A Mirandilla, de Rinlo, foi elixida como a mellor tapa para o público que acudiu ao Ribadeo de Tapeo 2019. E o premio á mellor barra foi para o bar Queimada.
Entregáronse os premios aos gañadores, aos elixidos polo público e polo xurado que emitiu o seu veredicto o pasado 20 de maio. No acto de entrega participarán o alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Turismo, Ana Martínez.
Tamén recibirán os seus premios os afortunados e afortunadas que realizaron o tapeo nalgunha das catro zonas nas que foron divididos Ribadeo e as súas parroquias, selaron as súas tarxetas no número requirido pola organización e as depositaron nas furnas instaladas nos locais participantes neste concurso gastronómico. Así coma aos que fixeron as Rutas Tapeo 16 e Tapeo Express.
Os premios e os gañadores na Zona 1 foron:
Unha cea, menú especial fin de semana, para dúas persoas en Hotel – Restaurante O Cabazo por cortesía deste establecemento foi para Olga Lamas de Ribadeo. Unha cea para dúas persoas, por importe máximo de 40euros, na Taberna Antón por cortesía deste establecemento para José María Ares de Barreiros. Unha cea para dúas persoas en Cayo Coco Gastrobar por cortesía deste establecemento foi para Rubén Blanco Cancio de Ribadeo; e unha cea para dúas persoas no Restaurante Costa- Verde por cortesía deste establecemento gañouna Sara Torviso Rodríguez deTapia de Casariego.
Na Zona 2:
María Jesús Glez Llenderrozos de Ribadeo gañou unha cea para dúas persoas en A Tapería por cortesía deste establecemento. A Lara Miranda González de Ribadeo tocoulle unha cea para dúas persoas valorada en 50 euros en Pulpería A Menchina por cortesía deste establecemento. Lucio Guillermo López de Ribadeo recibiu unha cea para dúas persoas en O Alén por cortesía deste establecemento. E por último Leticia Gamallo López de Ribadeo recibiu unha cea, menú pechado, para dúas persoas en Bar Galicia por cortesía deste establecemento.
Na Zona 3:
Unha Comida/cea de arroz caldoso con bogavante, para dúas persoas en La Quinta por cortesía deste establecemento foi para Saray Murias Iglesias de Vegadeo; outra foi para Ana Belinda Sanjurjo de Ribadeo. Unha cea para dúas persoas no Mareta por cortesía deste establecemento foi para Miguel Ángel Fuente Rego de Ribadeo e unha comida/cea para dúas persoas no Mesón Morriña por cortesía deste establecemento gañouno Rosario Vivas Blanco de Ribadeo
Na Zona 4:
Unha cea para dúas persoas no Prohibido por cortesía deste establecemento e Un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Maloserá para Sonia López Vilar de Ribadeo; unha cea para dúas persoas no Bar Queimada por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento para Rafael Montoro Luján de Foz. Unha cea para dúas persoas en Fumarel por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento gañouno Rocío Díaz Robledo de Ribadeo e un menú degustación para dúas persoas na Mirandilla Restaurante por cortesía deste establecemento foi para Antonio Reimundo de Ribadeo.
Ruta Tapeo 16
Miguel A. Barcia García de Vegadeo gañou unha cea para dúas persoas en El Rincón del Gordo por cortesía deste establecemento e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento. Jorge Pereira de Ribadeo gañou unha cea para dúas persoas en Hotel Restaurante Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) e 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento. Fernando Pérez Mendez de Tapia de Casariego foi premiado cun Menú Parador para dúas persoas por cortesía do Parador de Ribadeo e un lote de botellas de viño por cortesía do establecemento Restaurante O Piano. Gemma Preito Legazpi de Ribadeo levou unha cea para dúas persoas en Texturas Galegas Javier Montero por cortesía deste establecemento (previa reserva) 2 entradas para a Sala de Festas Rosa-Lar para desfrutar durante o mes xuño, por cortesía deste establecemento.
Ruta Tapeo Express
Carolina Campos Álvarez da Coruña gañou unha estancia para dúas persoas no Hotel Fogar do Mariñeiro por cortesía deste establecemento.