Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Axudas á incorporación de mozos ao campo

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (coñecidos como plans de mellora MR405A), para a creación de empresas por persoas agricultoras mozas e para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.
No que se refire ás achegas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrarias, a subvención concederase cando a explotación deberá ter unha antiguidade dun ano, excepto no caso de persoas mozas que se instalen nunha explotación de nova creación ou se produza a fusión de dúas explotación. O importe da axuda será do 30% dos custos elixibles, e poderá incrementarse ata un 50 % en base a diversos criterios.
Para a creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A), haberá que presentar un plan empresarial da viabilidade da explotación. A contía de axuda mínima 20.000 euros, e poderase incrementar ata 70.000 en base a certos criterios.
Para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B) haberá que ser titular dunha pequena explotación agraria con polo menos un ano de antiguidade. Serán achegas de 15.000 euros e haberá que ter un compromiso de manter a explotación 5 anos dende o ultimo pagamento da axuda.