Skip to main content
ActualidadeCervo

San Cibrao presentou a exposición 'Disorders', unha mostra do talento das persoas con enfermidades mentais

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

Catro persoas con enfermidades mentais están a participar coas súas obras na exposición Disorders, unha mostra inaugurada estes días na casa da cultura de San Cibrao, onde estará ata o día 28 deste mes.
Os cadros que expostos na casa da Cultura mariñá, monstran as diferentes dolencias, como a depresión, esquizofrenia e transtorno bipolar desde o punto de vista destes artistas, dentro dun amplo proxecto co que pretende dar a volta ao mundo e contar e visibilizar estas enfermidades.
Na mostra participan artistas como o mariñano Xosé López Losada Xolo, Reis Fragueiro, Michel e Ith.