Skip to main content
ActualidadeXove

O Centro Social de Lago de Xove organiza por primeira vez un campionato de futbolín

Por 14 Xuño, 2019Sin comentarios

O Centro Social de Lago organiza, por primeira vez, un campionato de futbolín, contando coa colaboración do Concello de Xove e a empresa Lucus Recreativos.
O Campionato vaise desenvolver este sábado 15 de xuño, a partir das 17:00 horas no Centro Social de Lago. No mesmo está previsto a participación de 16 parellas.
A inscrición, que inda está aberta e custa 20 euros por parella, pódese facer no teléfono  664 86 98 78 ou ben no propio Centro Social.
O formato do campionato vai ser similar ao da champions futbolística, cunha Primeira Fase con 4 grupos de 4 parellas cada grupo, onde xogarán sistema de liga de todos contra todos. Para seguinte fase pasarán as 8 mellores parellas, 2 por cada grupo, que disputarán eliminatorias directas ata chegar á final, con premios as catro primeiras parellas clasificadas. O primeiro clasificado levará o 50% da inscrición, trofeos e unha sorpresa; o segundo o 30% da inscrición, trofeos e sorpresa; o terceiro o 20% da inscrición e trofeos e o cuarto tan só levará trofeos.
As normas baixo as que se vai a disputar este Campionato van a ser as da Liga Nacional de Futbolín LNF.
A Organización quere invitar a tódolos afeccionados a este deporte de salón a que asistan, ou como participantes, inscribíndose no campionato, ou ben como espectadores, para disfrutar da arte futbolinística dos grandes xogadores que van a participar.