Skip to main content
ActualidadeXove

A Asociación Cultural Saiñas organiza a XIV Foliada da Mariña

Por 17 Xuño, 2019Sin comentarios

A XIV Foliada da Mariña terá lugar o vindeiro sábado 22 de xuño nunha carpa na praza do Concello en Xove a partir das 20:00. Unha hora antes integrantes de Saiñas (Noa, Uxío e Pedro) impartirán un obradoiro de iniciación ao baile tradicional no que que as persoas participantes aprenderán a bailar unha muiñeira, a inscrición pode facerse a través da páxina de Facebook de Saiñas.
O grupo de música tradicional furtiva, como eles mesmos se definen,  Tanto Nos ten dará un concerto no que presentará o seu novo disco Cortando Fíos. Á Foliada acudiran diversos grupos procedentes de Burela, Grileiras e  Banda de Gaitas Dambara; Cervo, Cordenaia; e As Pondes, Que nin Diole, ademais dos Cacharelas, Gaiteiros, Pandereteiras e Pandereteiros de Saiñas. Finalmente terá lugar a foliada aberta onde todas as persoas están convidadas a cantar.
A carpa contará cunha taberna na que tamén se poderá cear: racións de callos, lacón asado, tortilla e bocadillos. Durante a noite haberá sorteos e moita música para bailar.