Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

Toman posesión as corporacións municipais agás en Burela

Por 16 Xuño, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

As corporación dos concellos de toda España celebraron onte o seu pleno de constitución sen sorpresas e cos pactos anunciados formalizados. Deste xeito, en Foz, o socialista Fran Cajoto, tomou posesión como novo alcalde de Foz. Fíxoo tras o resultado nas Eleccións Municipais no que o PSOE foi a forza máis votada, con 2.304 sufraxios, pasando de 3 a 7 concelleiros no Pleno da Corporación Municipal. O novo alcalde puxo en valor todo o traballo feito polos militantes e os compañeiros da agrupación durante a campaña e destacou que “acompáñanme un grupo de persoas comprometidas e con ganas de transformar a realidade tomando decisións a favor dos focenses”.
Barreiros. A nacionalista Ana Hermida será a nova rexedora do concello barreirense e a primeira muller alcaldesa do municipio, tras 16 anos de Alfonso Fuente. Despois do pacto do BNG (5 edís) e PSOE (1 edil),  a alcaldesa emocionou co seu discurso e o público arroupouna cos seus aplausos. Ermida, que por agora non sabe se seguirá como coordinadora comarcal do BNG, avanzou que en Barreiros non haberá máis dedicacións e asegurou que un dos temas máis urxentes será planificar socorrismo e praias. Destacou a ilusión do novo goberno “por transformar este concello”.
Os concellos da Mariña lucense quedan constituidos finalmente como se esperaba:
A Pontenova. O alcalde da Pontenova e presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, tomou posesión como rexedor do Concello. Ademais, convidou á oposición a deixar de lado as discusións estériles e poñerse a traballar de verdade pola Pontenova, aportando ideas e iniciativas aos plenos.
Alfoz. Jorge Val, o rexedor socialista repite, esta vez con maioría absoluta, ao recibir máis do 52% do total de votos nas eleccións municipais, con 652 sufraxios, acadando 5 dos 9 escanos que integran o pleno da corporación municipal.
Burela. Burela aínda non constituíu a súa corporación polos recursos xudiciais relativos ao reconto electoral. Así, a toma de posesión realizarase no cuadraxésimo día tralas elección, é dicir, o día 5 de xullo.
Cervo. O actual alcalde Alfonso Villares confirmou o apoio dos cidadáns para seguir catro anos máis e facelo coa maior humildade posible. Villares destacou na súa investidura que “hai moito traballo que facer e haberá acertos e desacertos, pero estes últimos nunca serán intecionados” dixo.
Lourenzá. A alcaldesa, Rocío López, destacou que “supón un gran honor seguir como alcaldesa do teu Concello” e salientou que “o compromiso cos veciños de Lourenzá sigue vixente e a ilusión intacta ao igual que en 2015 cando chegamos ao Goberno Municipal”.
Mondoñedo. Elena Candia, volve ser a alcaldesa do concello mindoniense e asegurou que foron “catro anos de intenso traballo no que traballouse sen descanso para intentar gobernar para todos”.
O Valadouro. O actual alcalde socialista, Edmundo Maseda, agradeceu a confianza e o apoio dos veciños e subliñou que “durante os próximos 4 anos traballaremos para que O Valadouro sexa un Concello con futuro e oportunidades”.
O Vicedo. Jesús Novo, foi elixido de novo alcalde e aclarou “levo 18 anos, e cando acabe ou mandato que inicio hoxe levarei 22  como alcalde do Vicedo”. Inicia o novo mandato co voto a favor dos 6 concelleiros que lograron os populares, e o voto en contra dos 3 edís do PSOE.
Ourol. O actual alcalde, José Luis Pajón, tomou posesión como rexedor e fíxoo tras acadar a maioría absoluta no consistorio, pasando de 4 a 8 Concelleiros, dos 9 que forman o pleno da corporación.
Ribadeo. Fernándo Suárez Barcia tomou posesión falando dos plans de futuro para o municipio e sobre todo agradecendo aos veciños a súa confianza por volvelo a elexir, xa que “é unha gran responsabilidade” aclarou.
Riotorto. Clemente Iglesias volve a estar ao fronte catro anos máis. No que destaca o apoio dos veciños e que seguirá traballando na mesma liña, satisfacendo as demandas cidadás.
Trabada. Mayra García obtivo un resultado histórico nos que acadaron 7 concelleiros dos 9 que forman o Pleno, “esta victoria debémoslla a moitos veciños que sen fixarse en siglas ou ideoloxías políticas, confiaron na candidatura” aclara.
Viveiro. María Loureiro, tomou posesión para seguir sendo a rexedora do Concello. Fíxoo tras ser a forza máis votada, con máis do 45% do escrutinio, un total de 3.781 votos. Estes resultados permiten ao PSOE acadar 8 Concelleiros dos 17 que compoñen o consistorio.
Xove. Demetrio Salgueiro seguirá administrando o concello mariñao, que “seguirá mellorando os servizos e as infraestructuras” e acabou tendendo a man a oposición a quenes propuxo “traballar nun mesmo camiño común” dixo Salgueiro.
[Best_Wordpress_Gallery id=”47″ gal_title=”Investiduras 2019″]