Skip to main content
AbadínActualidade

O Concello de Abadín organiza hoxe unha actividade de educación en igualdade

Por 6 Xuño, 2019Sin comentarios

O Concello de Abadín organiza unha actividade de educación en igualdade para as nenas e nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, que se realizará o día 6 de xuño de 2019.

Esta actividade, enmarcada no Pacto de Estado contra a violencia de xénero, ten por obxecto erradicar os estereotipos de xénero e previr a violencia de xénero, fomentar a corresponsabilidade, traballar as emocións e a resolución pacífica de conflictos.»