Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A piscina de Guitiriz prepara os cursos de natación para o verán

Por 8 Xuño, 2019Xuño 11th, 2019Sin comentarios

A piscina de Guitiriz prepara os cursos de natación para o verán.

O Concello de Guitiriz organiza os cursos de natación para este verán, en concreto para os meses de xullo e agosto.

Os horarios para nenos e adultos serán de luns a xoves estarán divididos en tres quendas, de 12 a 12:40, de 12:40 a 13:20 e de 13:20 a 14:00 horas.

Faranse grupos por niveos de 10 alumnos, e cada grupo terá dúas clases semanais.

Os empadroados no concello terán unha bonificación, polo tanto tan só terán que pagar 10 euros ao mes, e os demais 15.

O prazo de inscribición remata o 21 de xuño e o inicio do curso será o día 1 de xullo.

HORARIO. O Concello abrirá a piscina de verán o mércores 26 de xuño a partir das 15.00 horas. Dende ese día ata o 30 do mesmo mes o horario será continuado ata as 20.00 horas.

Entre o 1 de xullo e o 31 de agosto o uso da piscina estará reservado para os cursos de natación de luns a xoves ata as 14.00 horas, cando abrirá ao público ata as 21.00 horas. Os venres, sábado, domingos e festivos o horario será de 13.00 a 21.00 horas.

Finalmente o día 1 de setembro abrirá de 14.00 a 20.oo  horas para pechar definitivamente a esa hora.