Skip to main content
ActualidadeVilalba

San Lorenzo de Árbol organiza un xantar polo San Xoán

Por 21 Xuño, 2019Sin comentarios

O sábado 22 de xuño comezarán as festas de San Xoán de San Lorenzo de Árbol, no municipio de Vilalba. Haberá actuacións do grupo de gaiteiros Cerna de Árbol e unha sesión vermú. Pola noite, terá lugar unha gran verbena a cargo do grupo Tribal.

Esta festa é tradicional e este ano chega a súa  XIII edición, na que fan un xantar para unhas 300 persoas para a que haberá que mercar os tiquets nos diferentes establecementos. O menú será de xamón cocido, polbo e churrasco.