Skip to main content
ActualidadeXermade

Catro arquitectos desenvolven un proxecto de recuperación da área fluvial de Cabreiros

Por 26 Xuño, 2019Sin comentarios

Catro arquitectos, co respaldo da asociación veciñal, iniciarán proximamente un proceso participativo co que pretenden elaborar un proxecto técnico para poder rehabilitar e restaurar a deteriorada área fluvial de Cabreiros, en Xermade.

O proxecto iniciouse fai dous anos cando xurdiu a idea, pero non foi ata fai uns meses cando se formou o grupo de traballo baixo o lema Xermade mola e dirixido por Elena Pena, arquitecta e veciña de Cabreiros, que será a encargada de dirixir o grupo, no que tamén participan Inés Pérez, Diego Trincado e Raquel Quintáns.

O primeiro paso deste proxecto, co que buscan devolver a área fluvial ao estado que presentaba fai unhas tres décadas é promover unha reunión cos veciños antes do mes de setembro para que poidan facer as súas achegas ou entregar material documental e fotografías sobre este espazo natural de Cabreiros.

A intención é recuperar non só a zona de baño, senón toda a contorna. As obras da autovía afectaron á auga, a vexetación está alta e a falta de mantemento provocou inundacións e numerosas desfeitas.

Durante as décadas dos 80 e os 90, a área fluvial de Cabreiros era un punto de atracción para veciños de diferentes puntos do municipio de Xermade e de fóra del. Nas súas augas cristalinas chegáronse a promover cursos de natación
e ata de piragüismo pero hoxe é unha ciénaga. Por aquel entón, as súas augas eran un reclamo turístico, e recibía decenas de visitantes e ata se impartían cursos.