Skip to main content
ActualidadeRibadeo

Ata o 18 de xullo poderase visitar en Ribadeo a exposición Nós tamén fomos emigrantes

Por 4 Xullo, 2019Sin comentarios

Xa arrincou a programación do VI Ribadeo Indiano coa inauguración da exposición Nós tamén fomos emigrantes, que se poderá visitar na Oficina de Turismo ata o vindeiro 18 de xullo.
Para facerlle unha homenaxe a aqueles que no seu momento tiveron que partir deixando atrás a súa terra, Ribadeo conta coa exposición Nós tamén fomos emigrantes, que estará aberta na Oficina de Turismo ata o vindeiro 18 de xullo.
Nós  tamén  fomos emigrantes recolle unha antoloxía de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra en procura dun futuro mellor.
Asistiron ao acto o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a futura concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así como o director de zona A Mariña de ABanca, Carlos Teijeiro, o director da oficina de ABanca en Ribadeo, Angel Macía, e a coordinadora da Área de Cultura de Afundación, Marité Cores, ademais de concelleir@s do equipo de goberno do Concello de Ribadeo.
O VI Ribadeo Indiano celebrarase do 12 ao 14 de xullo, pero antes están previstas máis actividades.