Skip to main content
ActualidadeTrabada

A V Carreira Popular de Sante celebrarase o sábado

Por 4 Xullo, 2019Sin comentarios
A V Carreira Popular de Sante celebrarase o sábado, 6 de xullo de 2019, en  Sante, Trabada a partir das 18:45 horas. As Carreiras Infantís comezarán nas proximidades da Igrexa e do Teleclub Social a partir das 18:00 horas.

A proba infantil disputarase sobre varios circuítos adaptados ás idades dos participantes que van desde os 50 metros ata os 2200 metros dependendo das distintas categorías que realicen a proba, totalmente pavimentados, polas diversas estradas que rodean o Barrio da Igrexa en Sante. A saída e a meta situaranse xunto ao Teleclub Social.
A proba absoluta disputarase sobre un percorrido de 5000 metros aproximadamente, completando dúas voltas, unha pequena e outra grande ao circuíto debidamente sinalizado con sinais propios da organización e os diversos comisarios de carreira situados en todos as cruces principais do trazado. O perfil do mesmo é practicamente un continuo sobe e baixa non moi significativo pero con algún desnivel bastante pronunciado.

As inscricións poden facerse ata o xoves 4 de xullo ás 23.59 horas e a retirada do dorsal podese levar a cabo na secretaria da proba sita no salón de actos do Teleclub de  Sante. O horario será desde as 16:30 ata instantes antes do inicio da proba para completar.
Os premios constarán de trofeos aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta. Trofeos aos tres primeiros de cada categoría, masculina e feminina. E nas categorías de menores todos os atletas que conclúan a proba obterán unha medalla obsequio conmemorativa da participación na carreira.