Skip to main content
ActualidadeLourenzá

A Deputación de Lugo achega 95.000 euros para o amaño de rúas principais de Lourenzá

Por 9 Xullo, 2019Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres a adxudicación das obras de mellora e acondicionamento de 5 vías municipais do Concello de Lourenzá. Trátase das: Travesía da Mariña á Avenida de Mondoñedo, Avenida Calvo Sotelo, Rúa Secretario Luís Iglesias a Carlos Peregrín Otero, Maderne e Veiga de Santo Adrao.
As obras foron adxudicadas por un valor de preto de 95.000 euros, supoñendo un aforro duns 29.000 euros con respecto ao prezo de licitación. As obras, que consisten na mellora e reposición do firme dun total de 1,2 quilómetros,  executaranse en:
– 200 metros da Travesía da Mariña á Avenida Mondoñedo, tamén coñecido como o Cantón, que discorre por diante da praza principal de Lourenzá.
– 135 metros da Avenida Calvo Sotelo, que transcorre por diante dun grupo de vivendas sociais e vai cara a costa da Mariña.
– 235 metros da rúa Secretario Luís Iglesias a Carlos Peregrín Otero. É a estrada que comunica co recinto da Feira de Mercado Rural Gandeiro.
– 300 metros do Camiño de Maderne, na zona rural do Norte do Concello de Lourenzá, que dá saída cara á localidade da Casolga.
– 400 metros no núcleo rural de Veiga de Santo Adrao, na zona Sur do municipio e que presta servizo á Parroquia de San Adrao.