Skip to main content
ActualidadeRiotorto

O Concello de Riotorto licitará as obras da igrexa de Órrea

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

Nestes días, o Concello de Riotorto vai conceder a licenza para as obras de lousado na igrexa da Órrea, traballos que se van facer en dúas fases.

Estas obras son froito das xestións realizadas a través da Asociación de Veciños e Veciñas da parroquia de Órrea co propio Concello e co cura, así como da receptividade do Bispado de Mondoñedo.

Así, o pasado 9 de xullo celebrouse unha reunión da comisión promovida pola asociación veciñal e encabezada polo alcalde de Riotorto e polo párroco, cos membros do Bispado de Mondoñedo sobre a necisidade de acometer as obras.