Skip to main content
ActualidadeCervo

Unha nova escritora cervense presenta a súa obra en San Cibrao

Por 16 Xullo, 2019Sin comentarios

A escritora cervense Irene Rega presenta o seu novo libro o xoves 18 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa do Mar da localidade sancibrense.
Si me pierdo é unha historia de superación, de medos, de guerras, de loitas, de sofrimento, morte e moita dor. En definitiva, a publicación narra a historia dun país e dunha rapaza que tenta mudar as cousas a súa maneira pero non todo sucede como querería. En realidade son dúas novelas, Si me pierdo, tú me encuentras, e Si me pierdo, búscame. E é esta segunda a última entrega que vai presentar.