Skip to main content
Actualidade

As Pontes acolle un tramo do Rali de Ferrol

Por 19 Xullo, 2019Sin comentarios

O circuíto de karts do concello de As Pontes albergará o próximo sábado, 20 de xullo, a partir das 11:36 horas, un tramo espectáculo da 50ª edición do Rali de Ferrol.

Os 69 pilotos que participan nesta proba, puntuable para o Tour European Rally e para o Campionato de España terán que completar dúas voltas ao circuíto e realizar os controis horarios de saída e meta do tramo. Os pilotos farán a súa saída en intervalos dun minuto e está previsto que a proba, no seu conxunto, dure, aproximadamente, dúas horas.

O concelleiro de Deportes, Chicho Tembrás sinala a oportunidade que este tramo representa para os amantes do mundo do motor e dos rallies xa que “veciñanza e afeccionados poderán gozar dun auténtico espectáculo, vendo un tramo do Rali de Ferrol na súa integridade, desde principio a fin e poderán velo desde calquera punto do circuíto, algo imposible en calquera outro rali no que os afeccionados tan só poden ver o paso dos vehículos durante uns segundos”

Por outra banda o concelleiro tamén fai fincapé en que no circuíto haberá unha zona reservada para persoas con mobilidade reducida desde a que poderán contemplar case todo o percorrido do tramo co obxectivo de que calquera persoa poida gozar con este espectáculo do mundo do motor.

Desde o Concello tamén informan de que, co obxectivo de facilitar a asistencia á proba, haberá unha zona de aparcadoiro habilitada nas inmediacións do circuíto.