Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

Abre o prazo de inscrición para os campamentos de verán de Friol

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol celebrará entre o 1 e o 31 de agosto os tradicionais campamentos de verán dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 13 anos e que teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar e profesional.

O prazo de inscrición para estes campamentos está xa aberto e hai un número de prazas limitado polo que a inscrición debe facerse o antes posible nas oficinas municipais.

Como todos os anos haberá viaxes e diferentes actividades que terán tamén un rasgo de respectao á natureza, ao deporte e ao aire libre.