Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Mañá comezarán as festas en Milleiros

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

A parroquia de Milleiros do concello de Pol, celebrará os días 24 e 25 de xullo as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstolo.

O programa das festas inclúe unha churrascada de balde que dará comezo ás 22:30 horas, e despois a orquestra Mar D’Arousa e Tania e o seu acordeón porán a nota musical pola noite.

O xoves 25, o programa relixioso dará comezo ás 13:30 horas cantada polo Coro de Meira. Despois será a procesión e a sesión vermú con Mar D’Arousa.