Skip to main content
ActualidadeViveiro

Viveiro dá a benvida a dúas nenas saharuís que pasarán o verán no Landro

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

Na sala de xuntas da casa do Concello de Viveiro tivo lugar a recepción oficial das dúas nenas saharauis acollidas por dúas familias de Viveiro dentro do programa Vacaciones en Paz, na que se lle fará entrega a cada unha delas dun agasallo.
No acto estiveron presentes, en representación do Concello, a alcaldesa, María Loureiro, e Victoria Baamonde Gómez, concelleira
de Servizos Sociais.
O Concello de Viveiro leva décadas colaborando con este programa, que permite que a poboación saharauí infantil poida saír dos campamentos de refuxiados durante o período estival, no que alí se poden acadar os 50o; ademais, durante a súa estancia no noso país,
teñen acceso a recoñecementos médicos, tratamentos ou unha alimentación equilibrada, foméntase a aprendizaxe do castelán e serve para dar visibilidade á situación que sofren os nenos e nenas saharauis e as súas familias.
No marco desta colaboración entre o Concello e o programa Vacaciones en Paz, a administración asume o pago dos billetes de ida e volta dos nenos e nenas que cada ano pasan o verán en Viveiro, desfrutando do municipio, das praias e das actividades culturais e
festivas que se organizan ao longo do verán, lonxe das duras condicións dos campamentos nos que viven durante o resto do ano.