Skip to main content
ActualidadeCervo

As actividades do verán congregan en Cervo a máis de 200 rapaces

Por 8 Xullo, 2019Sin comentarios

Máis de 200 pequenos e pequenas participan nas diferentes actividades programadas polo Concello de Cervo, que deron comezo esta semana, coincidindo co inicio do mes de xuño, e que están enmarcadas nos programas Cervo Concilia, Enredos de Verán e Repasando en Verán “pensadas para ofrecer diferentes alternativas didácticas e de ocio ás crianzas para o seu tempo de ocio, favorecendo a conciliación das familias durante as vacacións estivais”, tal e como precisou a edil de Educación, Dolores García Caramés.
Estas actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e  agosto en horario de verán, e están dirixidas aos/ás nenos/as de entre 3 e 12 anos.
Na mañá do luns puideron desfrutar de diferentes xogos na Praia do Torno deseñados polos monitores. O martes deron os seus primeiros pasos no mundo do piragüismo da man do C.D. San Ciprián no encoro de Río Cobo, actividade que repetiron o xoves;
mentres que o mércores realizaron xogos de diversos tipos na Praza dos Campos.
Para o venres tiñan preparada unha Xornada de Coidado co Medio Ambiente e diferentes actividades de Aventura tanto para os máis pequenos como para os mozos e mozas en idade xuvenil.