Skip to main content
ActualidadeAMARIÑAXA

A Garda Civil detivo a tres homes como supostos autores de roubos en coches e de substraer unha autocaravana

Por 18 Xullo, 2019Xaneiro 27th, 2021Sin comentarios

A Garda Civil detivo a dous súbditos italianos, veciños de Torino, de 18 anos de idade e a un veciño de Vitoria de 21 anos como supostos autores de varios delictos de roubo no interior de vehículos.
Tras ter constancias de varios ilícitos penais cometidos na Mariña lucense, iniciouse unha investigación policial que deu como resultado a detención dos presuntos autores, que se desprazan en autocaravana con placa de matrícula alemana pola xeografía nacional. Despois de rexistrala, os axentes interviñeron numerosas pezas e obxectos de inxustificada procedencia.
Interviñéronse teléfonos de alta gama, cámaras fotográficas, un ordenador, un televisor, pequeños electrodomésticos, prendas de ropa, zapatillas, bolsos, carteras, xoias e reloxos.
A raíz da investigación en curso sobre a procedencia do material intervido esclarecéronse, ata o momento, 16 delicto de roubo no interior de turismos e autocaravanas, sendos os aparcadoiros en inmedicións de praias urbanas a zona de actuación preferida polos detidos, acusados de ter actuado desde Barbate e Conil de la Frontera (Cádiz), a Aliseda (Cáceres), Sanxenxo (Pontevedra), Cedeira (A Coruña) e localidades de A Mariña Lucense coma Vicedo, Barreiros, Foz y Ribadeo.
En Ribadeo investígase a sustración dunha autocaravana que se atopaba nas inmediacións dunha praia da zona e que estaba en paradoiro descoñecido e que está valorada en 57.000 euros.
A operación continúa aberta e non se descarta o esclerecemento de máis delictos.