Skip to main content
ActualidadeFoz

O Tentacle Summer Fest achega a Foz a música techno

Por 27 Xullo, 2019Sin comentarios

O Tentacle Summer desvelou os nomes dos artistas que encabezarán o cartel desta edición que terá lugar o 27 e 28 de xullo. Os artistas confirmados para o festival son Chez Damier, así coma tamén Secretsundaze e Baldo.  Na listaxe de novas incorporacións atópanse nomes como o do asturiano Paul Rudder, o dúo Aparello, co seu formato Live.

Tamén aparece a formación Meraki, composta Óscar Mosqueira e Froilán Fernández. O talento local tamén terá representación con artistas como Cohen – Moisés López de Mondoñedo  e Alex Nite de Tropical de Lugo, que unirán forzas con Manuel Vilouta e Vitor P.

Un ano máis, o Tentacle Summer presenta en Foz o seu persoal tributo á música house e á cultura de club.

Mantéñense o emprazamento da súa última edición, tras a boa acollida por parte do público, e parece que o Tentacle inicia unha nova etapa nun recentemente rehabilitado e mellorado espazo entre os altos edificios das Torres.

Os responsables do festival atópanse moi ilusionados “ante a posibilidade de dispoñer destas instalacións, estando seguros de que é o lugar ideal para realizar actividades de deporte e cultura urbana en paralelo á celebración do evento. Barállase a posibilidade de realizar un campionato ‘ open’ de skate, un torneo de baloncesto 3 a 3 e máis ideas nas que aínda están a traballar. Esta zona tamén estará amenizada cos  djs da  Tentacle  Summer  Crew &  Friends”.

Manteranse tamén, como na anterior edición, unha zona de comida, na que o polbo e o churrasco ao estilo romaría serán os principais protagonistas, e unha pequena zona ‘ market’ con artesáns e pequenos creadores da zona.