Skip to main content
ActualidadeLourenzá

Concentración de sendeirismo en Lourenzá o 4 de agosto

Por 31 Xullo, 2019Sin comentarios

A ruta de sendeirismo de Lourenzá reunirá a deceas de persoas o día 4 de agosto, a partir das dez da mañá, na área recreativa da Cazolga. Xusto na xornada que festexa o Día da Asociación, os participantes farán un percorrido pola ruta da fervenza de Viloalle en Mondoñedo e tamén pola área recreativa da Cazolga.
É unha distancia de dez kilómetros e dificultade baixa pero é importante levar o chaleco reflectante.
Ao rematar a camiñata, os participantes comerán xuntos na Cazolga, con música ambiente e se hai bo tempo, os organizadores animan a traerse o bañador para bañarse no río.
É convinte formalizar a inscripción para acodir ata o xoves 1 de agosto, ás dúas da tarde, ben por mail, terrasdelourenza@gmail.com ou por teléfono, no 699.70.60.31.
Os que son socios pagarán dez euros pola excursión e que non o sexan, aboarán 15 euros.