Skip to main content
ActualidadeBegonte

O club fluvial de Begonte celebra a tradicional festa da empanada o 20 e 21 de xullo

Por 19 Xullo, 2019Sin comentarios

Un ano máis, o Club Fluvial de Begonte celebrará a súa tradicional Festa da Empanada que nesta ocasión coincidirá a fin de semana do 20 e 21 de xullo. A organización prevé a celebración de sesión vermú e verbena o sábado deixando para o domingo as comidas familiares nas instalacións. A música estará a cargo do trio D’Nika e unah disco móbil. Durante a tarde tamén está prevista a actuación da banda local Sons e Soños.

O domingo está prevista a actuación do grupo tradicional Tirapadiante, ás 17.030 horas. A partir das 18.00 comezará unha sesión de tarde que está previsto que se alongue ata a medianoite con grupo Punto Clave.

Haberá tamén un sorteo ás 22.00 horas entre os que adquiran as rifas.

O Club Fluvial manterá as portas abertas e o acceso libre nesta fin de semana e o bar permanecerá aberto e recibirá reservas para esa data nos teléfonos 679 428 344 e no 619 821 975. Venderase tanto empanada como churrasco, xamón cocido e polbo.