Skip to main content
ActualidadeCospeito

Xustás celebra as súas patronais

Por 23 Xullo, 2019Sin comentarios

Este mércores 24 darán comezo en Xustás, Cospeito, as súas festas patronais na honra de Santiago Apóstol.

As celebracións darán comezo ás 13.30 horas coa misa solemne seguida da sesión vermú que estará a cargo da orquestra Superfama, grupo que tarán estará na verbena nocturna xunto a Finisterre.

O domingo tamén haberá festa con oficio relixioso ás 13.30 horas e sesión vermú e verbena coa orquestra La Ola ADN.