Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXARábade TERRACHÁXA

O alcalde de Rábade pide unha adecuada política antiincendios da Xunta e non convenios locais

Por 18 Xullo, 2019Sin comentarios

O alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, saíu ao paso das críticas da oposición por non ter asinado o convenio para a creación de brigadas contra o lume coa Xunta de Galicia alegando que “consideramos que os incendios, son un dos problemas máis grandes que padecemos no noso país, e que afecta tanto a xeracions presentes, como a futuras que require dunha adecuada política de reforestación, cunha actuación permanente, de técnicos e brigadas cualificados, profesionais estables capacitados, tanto para a prevención como para a extinción do lume”.

“A Xunta de Galícia ten a competencia nesta materia, e ata de agora, a verdade é que a resposta, lamentablemente, non se pode dicir que fose moi eficaz, inflamolo peito cando a choiva dificulta o risco de lume, e cando o tempo non axuda culpamos elocuentemente o terrorismo, pero sen tomar medidas de calado”, explica.

Afirma o alcalde independente que a Xunta de Galicia non contrata brigadas e “está a tratar de derivar aos concellos parte dunha responsabilidade propia, promovendo a creación de brigadas, coa colaboración dalguns concellos, dotadas de persoas sin experiencia nin formación, que os concellos contratan, probablemente con réditos eleitorais moitas veces, e que o mesmo van apagar un lume que cortar a empanada para unha festa popular, ou colocar vallas para unha proba ciclista; e todo esto con fondos -moi importantes por certo, 11,6 millons de euros-, que veñen dos nosos impostos, que forman parte das partidas destinadas a loita contra o lume, e que ahí e onde queremos que se invistan”.

“A nós, non nos cabe ningunha dúbida de que a oposición de Rábade, si gobernase, asinaría este convenio, dende logo sen valorar si está favorecendo ou prexudicando os intereses dos veciños, e sobre todo, si é eficaz na loita contra o lume e a devastación que produce, pero os veciños de Rábade pagamos impostos igual que os demais, e queremos que a loita contra o lume -financiada con eses impostos-, se libre do xeito máis eficaz é serio posible, por iso e polo que non asinamos ese Convenio”, conclúe Fernández Montes.