Skip to main content
ActualidadeVilalba

Bronce para José Cuba no Gran Premio de España

Por 9 Xullo, 2019Sin comentarios

Os vilalbeses José Cuba e Carlos Yobani García participaron a pasada fin de semana no Gran Premio de España de loitas olímpicas que se disputou onte en Madrid e que aglutinou un gran número de países participantes.

En primeiro lugar destacar o bronce de José Cuba en menos de 125 kg tras vencer ante o canadiense Choquette e o portoriqueño Santos Bonnet perdendo ante o austriaco Ludescher. Con este bronce o vilalbés cumpre o seu obxectivo xa que lle permite clasificarse para o próximo mundial absoluto de Astaná (Kazajistán) e que pasa por ser a primeira proba clasificatoria para os Xogos de Tokio.

Pola súa banda, Carlos non tivo moita sorte e non puido facer moita oposición ao turkmeno Borjakov nin posteriormente ao xermano Stadelman na repesca.

Agora ambos os dous deportistas permanecerán concentrados toda a semana na concentración internacional de Madrid para logo tomar unhas semanas de vacacións antes de retomar a preparación de José Cuba para o mundial do mes de setembro.