Skip to main content
ActualidadeVilalba

Aparece morta unha veciña de Sancovade a mans do seu ex marido

Por 22 Xullo, 2019Sin comentarios

Unha veciña da parrroquia vilalbesa de Sancovade, de 47 anos, foi achada morta este domingo tras ser preseuntamente asasinada polo seu ex marido, de 50, que se quitou a vida tralo suceso.

A falecida é Mari Carmen Vázquez Cereijo, quen foi achada morta ao redor das 12.45 horas deste domingo con feridas de arma branca no pescozo no garaxe do barrio de Guadalupe, onde tamén apareceu aforcado o seu exmarido, Manuel Vázquez. A parella, que non tiña fillos, xa non residía xunta e estaba en trámites de separación. Ela era moi coñecida por ter traballado durante moitos anos de caixeiro nun supermecado Gadis.

O home tiña unha orde de afastamento para que non se achegase ou comunicase coa vítima desde hai unhas semanas, por mor de que ela presentase unha denuncia.

Ata a vivenda na que se atoparon os corpos desprazouse a comitiva xudicial para investigar o ocorrido e a xuíza de Vilalba. Segundo indicou a Garda Civil, que declina facilitar máis datos do acontecido, decretouse o secreto das actuacións. O que si se soubo é que foi un familiar do home o que deu a voz de alarma ao comunicar que este, que vivía hai pouco en Nete, desaparecera.

Foi así como cehgaron ata o domicilio onde foi atopada a parella xa mortos.

No que vai de ano foron asasinadas en España 33 mulleres vítimas de violencia machista. Mari Carmen sería a número 1.008 desde 2003, cando comezaron a contabilizarse as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparejas.

LOITO
O Concello de Vilalba, tras ter coñecemento dos feitos suspendeu os actos festivos contemplados para esa tarde e declararon tres días de loito oficial.

Así mesmo, convocouse unha concentración contra este delito de violencia machista para onte ás 20 horas, así como hoxe ás 12 horas diante do Concello, facendo un chamamento á cidadanía para que asista.

Pola súa banda, a asociación Si, hai salida fixo un delcaración de condena ante este brutal asasinato. Pódese ler a declaración neste enlace.