Skip to main content
ActualidadeXermade

O PP de Xermade insta á Deputación a "remendar" a estrada 6513

Por 17 Xullo, 2019Sin comentarios

O Partido Popular de Xermade vén de solicitar ao Concello que inste á Deputación de Lugo a “remendar” o estado en que “deixou” a estrada 6513, e que vén de ser mellorada recentemente pola institución luguesa. Concretamente, o organismo provincial, a través da empresa contratada para tal fin, realizou un bacheo no treito Rampa a Xermade de dita vía, pero, na proximidade de O Pedreiro, punto coñecido como Ponte do Sixto, xa se formaron unhas fochancas nas que se acumulou alquitrán; o que está a producir, segundo explica o voceiro popular, Antonio Riveira, “unha situación perigosa, ademais de poñer os vehículos inpregnados dese material dificil de retirar dos mesmos”.
Tal é así que, un pouco mais lonxe, á altura da Fraga do Sixto, tamén motivado pola actuación de mellora e a acumulación de grava, xa tivo un lugar un accidente de certa garvidade. Por este motivo, dende o PP urxen ao alcalde a que emprenda as xestións necesarias “para paliar esta desfeita e, sobre todo, evitar un mal maior”.
Os populares tamén agradecen que a entidade local se fixese “eco” da súa pedición de non facer coincidir a hora e día do Pleno coa homenaxe en lembranza de Desi Leal. Dende o PP, que quixeron tamén estar presentes e “acompañar aos familiares e amigos” da nena, consideran que “facer o contrario sería unha planificación inoportuna”. “Así llelo pedimos e llelo fixemos chegar. Cremos que a ocasión o merecía”, conclúe Riveira.